MELISANTO Soc.Coop. Galega

BANTEGAL
Banco de terras
Cooperativa Melisanto. 6 de Noviembre de 2007.-

PARA QUE?

Poñer en valor as terras con aptitude agraria: aumentar a riqueza do país.

Recuperar e frear a perda de superficie agraria útil.

Mellorar e ampliar a base territorial das explotacións.

Evitar a grave situación de abandono, risco de lumes, danos a lindantes. Lum

 

 

PARA QUEN?

Explotacións que queiran aumentar a súa superficie agrícola.
Mozos e mozas que queiran dedicarse á actividade agraria.
Cooperativas agrarias que pretendan ampliar a súa base territorial.
Recuperación da actividade agraria en zonas afectadas polo envellecemento ou éxodo rural.es, danos a lindantes.

 

 

DE QUE XEITO?

Creando un banco que faga as xestións necesarias para mobilizar as terras mediante arrendamentos.
Un banco onde poidamos inscribir as nosas fincas permitindo que sexan arrendadas.
Un banco onde os agricultores poidan solicitar fincas en aluguer para ampliar a súa base territorial.
Un banco áxil, con arrendamentos pactados entre cinco anos (mínimo) e trinta anos (máximo).

 

 

CON QUE GARANTÍAS?

Garantía de devolución da propiedade rematado o período de arrendamento.
Garantía de cobro do prezo establecido.
Garantía de devolución das terras en normal estado de uso.


Aqueles propietarios que decidan incluir os seus terrenos no Banco de Terras de Galicia seguirán sendo propietarios das mesmas. O BANTEGAL actuará tan só como xestor comprometéndose a que aquelas fincas que sexan arrendadas volverán a recaer, nas mesmas condicións de uso, no seu propietario despois de haber concluido o contrato de aluguer. Asemesmo, tamén se compromete a que o propietario cobrará a renda estipulada segundo as cláusulas que figuren no contrato.
www.melisanto.es