MELISANTO Soc.Coop. Galega

ZONAS DE ESPECIAL INTERESE AGRARIO
Terra de Melide, entre outras, foi declarada zona de especial interese agrario
Cooperativa Melisanto. 17 de Enero de 2008.-

A Lei 7/2007, do 21 de maio, de medidas administrativas e tributarias para a conservación da superficie agraria útil e do Banco de Terras de Galicia recolle nos seus artigos 2.2º e 3.11º que terán a condición de zonas de especial interese agrario (ZEIA) para os efectos de aplicación desta lei aqueles ámbitos territoriais que, mediante decreto, determine o Consello da Xunta por seren necesarios para acadar unha axeitada xestión do Banco de Terras de Galicia.
Declárase de especial interese agrario o solo rústico de protección agropecuaria situado dentro do ámbito territorial dos concellos seguintes da comarca Terra de Melide: Melide, Santiso, Toques e Sobrado dos Monxes.
Para máis información pódese consultar o DOG do 17 de xaneiro de 2008

www.melisanto.es