Saludo del Presidente.

 

 

SAÚDO DO PRESIDENTE

 

 

        Quero facer chegar dende este espazo un cálido saúdo e poñerme á disposición para que como socios e socias, saibamos facer crecer e evolucionar á Cooperativa MELISANTO, adaptándoa á realidade dos nosos días e ás necesidades de quenes formamos parte dela.

             Adoptamos o compromiso de profundizar e encher de sentido o feito de pertencer a unha cooperativa, establecendo de forma sistemática políticas e liñas de traballo que proveñan ou dean resposta de forma clara e decidida á situación actual das explotacións dos socios e ás súas necesidades.

            No ano 1979 se constituía a cooperativa coa vocación de facer posible mercar nas mellores condicións e prezos todos aqueles produtos e servizos relacionados co mundo agrícola-gandeiro. Hoxe sumamos máis de 600 socios que ao longo destes anos nos fomos integrando na asociación.


             Como Presidente recén nomeado, asumo o reto de abrir esta nova etapa e o compromiso de traballar e acercar MELISANTO aos seus socios, dando o máximo sentido á expresión “cooperativa” como forma de organizarnos e levar a cabo a nosa actividade. Antes de continuar, o meu recoñecemento a José Varela Segade e a todas as persoas que ao longo destes anos pasaron polos diversos consellos reitores da cooperativa  e que puxeron o mesmo afán co que agora nós queremos continuar.


            Confío na colaboración dun número cada vez maior de socios para facer crecer a MELISANTO e fortalecela nos principios, valores e compromisos que compartimos, situando aos socios no centro da nosa actividade.


 Pablo Costoya Varela

Presidente da Cooperativa

MELISANTO  SOCIEDADE   COOPERATIVA  GALEGA

NOVAS PARA SOCIOS


DECRETO DE APLICACIÓN DA TAXA LÁCTEA
Publicado no DOG do 8 de agosto de 2007

Decreto 158/2007, do 21 de xuño, polo que se regula en Galicia a aplicación do réxime da taxa láctea.

(Sigue)
A CAZA EN GALICIA
Nova lei para os afecionados á caza
A partir do 26 de novembro de 2006 os cazadores que actúen en territorio galego contan cunha nova lei de caza
(Sigue)

Enlaces